Diseña un sitio como este con WordPress.com
Comenzar

VECIÑAS DO MONTE DO GATO ENTREGAN OUTRAS 1260 FIRMAS NA XUNTA, REFORZANDO A PETICIÓN DE PARQUE NATURAL DESTE SINGULAR ENCLAVE DA PROVINCIA DA CORUÑA.

Representantes das asociacións e plataformas veciñais (*) da comarca entregan hoxe outras 1260 firmas no Rexistro da Consellería, achegando a 40.000 os apoios a dita petición.

Ante os tres meses de silencio da Consellería de Medio Ambiente a vecindade insiste en poñer en valor esta área como Parque Natural de valor arqueolóxico.

Súmanas á solicitude xa apoiada por eles, feita no mes de xullo por a Bióloga e veciña da zona Mónica Fernández-Aceytuno, algo insólito en Galicia nunha iniciativa deste tipo por partir da vecindade.

Aranga a 18 de outubro de 2022. Cabe resaltar esta iniciativa na semana que se está a celebrar o VI Congreso de Ecoturismo Nacional na provincia de A Coruña. organizado e centrado na Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas -Terras do Mandeo(1), xa que o corazón deste parque natural serían as Brañas do Deo, o núcleo da nomeada Reserva da Biosfera, que na actualidade se atopa desprotexida sen lei que a ampare, ao ser parte da ampliación da Rede Natura que quedou paralizada no ano 2013 e polo que Europa xa fixo varios apercebementos ao goberno español.

(*) Apoiada por os colectivos Aire Limpo nas Mariñas Mandeo, SOS Patrimonio Monte do Gato-Seselle e Asociación A-Legre, ao que se suma a Plataforma afectados de Paderne.

Atender a esta solicitude, a maiores de contribuir a sumar un novo espacio con categoría de Parque Natural aos xa existentes en Galicia debido ao seu indudable valor medioambiental, e neste caso tamén arqueolóxico, supón unha cautela que contribuiría a solventar outra eiba legal pola que estas mesmas plataformas están a loitar conxuntamente con outras platafomas estatais na petición de unha Moratoria científica para as Reservas de la Biosfera (2), petición que o propio órgano xestor desta Reserva coruñesa apoia.

Todo empezou cando particulares afectados por os polígonos eólicos, descubriron que as Reservas da Biosfera declaradas pola UNESCO, por ilóxico que parezca, carecen de lexislación propia que as protexa fronte a proxectos de industrialización intensiva coma son os megapolígonos de enerxías “renovaveis” que se están a proxectar por todo o estado, concretamente sobre esta área hai en tramitación 40 macroaeroxeradores de 200 metros.

Polo que a maioría destes firmantes son veciños da comarca de Betanzos e arredores pois a maiores das firmas que se recolectan nos establecementos da zona e casa por casa, aproveitan feiras, romerías, andainas e demáis celebracións para a recollida de sinaturas.

Outro tema a destacar é que a poboación cada día está máis sensibilizada pola cantidade de “tesouros” naturais e culturais que están a descubrir, pois aos xa recoñecidos (brañas e humedais, castros, necrópole megalítica, Torre altomedieval…) súmanse os últimos hachados deste verán: as turbeiras activas confirmadas este mes de agosto por os especialistas da Universidade de Santiago e a Coruña, na visita organizada pola Reserva da Biosfera (3). Os conxuntos de Petroglifos atopados gracias á colaboración da xente maior da zona e comunicados a Patrimnio Cultural da Consellería de Educación da Xunta de Galicia no mes de Setembro por a propia Mónica Fernández-Aceytuno (4). E incluso hachados feitos nestes últimos días polos propios veciños de especies en perigo como o Caracol Quimper (Elona quimperiana) que en Galicia está incluida nesta categoría no Catálogo galego de especies ameazadas (Decreto 88/2007, de 19 de abril).

Ante tanta evidencia a veciñanza non entende como a día de hoxe a Consellería de Industria non tramita definitivamente a nulidade da ADE( Área de Desnvolvemento Eólico) Monte do Gato. Así como tampouco entenden que non se admita a trámite a solicitude de Parque Natural por parte da Consellería de Medio Ambiente. Máis aínda, vendo as resolucións destes días do TSXG sobre os polígonos que está a tramitar a mesma empresa Greenalia, donde se ordenou a suspensión cautelar namentras non haxa sentencia firme, para que prevaleza a protección do medio ambiente (5).

Os colectivos aseguran que se as evidencias e as peticións non chegan haberá moitas máis polo que seguen coa súa recollida de firmas dispostos a chegar ás 50.000 e coas Brigadas das Paisaxes de Galicia seguiran a organizar roteiros en busca dos “tesouros” do Monte do Gato coma o do videiro sábado 22 de outubro aproveitando as lendas e toponimia transmitidas pola tradición oral dos maiores da zona.

https://www.congresonacionaldeecoturismo.es/#

https://www.facebook.com/events/casa-ferreiro/bioblitz-bra%C3%B1as-do-deo-caracterizaci%C3%B3n-da-biodiversidad/6037763556251232/

https://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2022/08/24/hallan-cinco-conjuntos-petroglifos-zona-73805153.html

https://www.galiciapress.es/articulo/movimientos/2022-10-17/3929731-tsxg-paraliza-cautelarmente-otro-parque-eolico-greenalia-proyectado-municipios-coristanco-carballo

Anuncio publicitario

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: