Diseña un sitio como este con WordPress.com
Comenzar

O movemento cidadá contra a invasión de eólicos espállase ás cidades

  • Unhas 1500 persoas se manifestan na Coruña nunha convocatoria feita pola rede de traballo Foi polo vento na que non se permitía ningunha connotación política.
  • O número de asociacións cidadás que apoiaron, na defensa do patrimonio natural, cultural e o xeito de vida galego ascende a case 90, entre elas a nosa Asociación Aire Limpo nas Mariñas-Mandeo
  • Denuncian o incumprimento da moratoria autonómica coa tramitación de 56 novos parques, a imposición vía decretazo do Goberno da tramitación exprés q a maiores está a ser respaldada polo Parlamento Europeo.

Aranga, 26 de setembro de 2022

Unhas 1500 persoas protestan na Coruña contra os danos pola construción masiva de parques eólicos que se pretende levar a cabo na nosa Comunidade autónoma.

O movemento que reclama un plan enerxético autonómico equilibrado e respectuoso co noso patrimonio e xeito de vida, cala máis aló dos damnificados directos e se organiza tamén nas cidades.

A mobilización deste domingo destaca ademais por querer amosar que se trata dun rexeitamento autenticamente cidadán tanto na asistencia como na organización, e para iso non se permitiu a inxerencia, proclama ou simboloxía de ningunha formación política.

O número de asociacións involucradas na causa en Galicia aproxímase o centenar para a manifestación da Coruña e seguirá a medrar a medida que estas manifestacións vaian percorrendo as outras vilas galegas, este achegamento a cidadanía das vilas marca unha nova etapa no movemento.

Baixo o lema “A cidade e o rural xuntos contra o capital”, a cidadanía acusa (reivindicacións) á clase política de vender a nosa terra e o noso mar para beneficio de grandes empresas, denuncia que non se está a cumprir a moratoria atonómica anunciada – dende comezo de ano ata o 31 de agosto se tramitaron 56 novos parques- e reclama unha normativa que defenda os intereses da poboación derogando a lei detanto do goberno central como de Europa, onde van en sentido contrario facilitando as tramitacións exprés a través dos artigos 6 e 7 do RD 6/2022 a probado no mes de marzo deste mesmo ano e xa vixente, así como a Directiva europea que ten aberta as enmendas a día de hoxe.

Fronte ás informacións enganosas como que a construción de eólicos axudará a baixar e factura da luz, as asociacións aclaran que os obxectivos de produción de enerxía limpa sen fontes fósiles marcados para 2030 en Galicia, se acadaron no ano 2021, cunha produción de máis do 75% entre hidráulica e eólica. Sinalan que se están a ocultar moitos danos en todo tipo de eidos, como a alteración no subministro de auga que pode sufrir a cidade da Coruña pola afectación do embalse de Cecebre, e lembran aos dirixentes políticos de todas as administracións a súa obriga de actuar con responsabilidade, dilixencia e eficiencia na defensa dos intereses da cidadanía.

clika nesta imaxe 👆🏻 para entrar na noticia e ESCOITAR O PROGRAMA DE RADIO

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: