Diseña un sitio como este con WordPress.com
Comenzar

Ante a invasión de Proxectos eólicos nas Reservas da Biosfera(RB) galegas e a reacción da UNESCO os colectivos cidadáns solicitan unha moratoria eólica ao MITRERD

  • A campaña partiu da carta enviada por particulares afectados da Reserva Mariñas Coruñesas Terras do Mandeo no mes de marzo de 2021 e as posteriores enviadas en abril polo Sindicato Labrego Galego seguindo a misma liña (1).
  • Ante as explicación esixidas pola UNESCO o secretariado do proxecto Home e Biosfera comprometeuse a facer un estudo científico a nivel estatal dende o MITRED (2).
  • Ante esto, varios colectivos pertencentes a ALIENTE puxeron en evidencia o problema que se extende a 35 reservas a nivel estatal, para solicitar esta moratoria dos macroproxectos renovables, ata que dito estudio esté rematado.

Aranga _ 10 deXullo 2022

A nosa Asociación Aire Limpo Mandeo Mariñas forma parte das entidades que participaron no grupo de traballo de ALIENTE, que este 6 de xullo rexistraron oficialmente unha carta dirixida ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITRED) solicitando unha moratoria científica para todas as Reservas da Biosfera do Estado español. A campaña de adhesións a esta solicitude foi movida nestes últimos meses tamén por outros dous colectivos pertencentes a concellos da reserva coruñesa, AfectadXs de Paderne (do concello de Paderne ) e Asociación A-Legre (do concello de Oza-Cesuras). Que colaboraron en conseguir os máis de 200 apoios galegos a nivel local, incluidos os dos Xestores de Reservas da Biosfera, varios concellos, colectivos cidadáns, proxectos produtivos, organizacións agrarias, ecoloxistas e outros movementos asociativos; dos 440 acadados nas 35 Reservas da Biosfera a nivel estatal.

Todos eles urxen ao MITERD a decretar unha moratoria científica que protexa as Reservas da Biosfera (2). Dos 2.227 aeroxeradores xa instalados en Reservas da Biosfera no Estado, 1.212 están nas Reservas galegase e dos 1.236 macroeólicos en tramitación, máis da metade, 608, tamén están proxectados dentro das nosas Reservas. Dito doutro xeito, das novas 3.708,12has. de reservas que se están a acaparar para uso e abuso da mafia eólica, 1376,72has. están en Galicia (3). Namentras sorprendentemente o Goberno de España, escudándose no conflito bélico de Ucraína, incluíu “por a porta de atrás” no RDL 6/2022 a simplificación extrema das avaliacións de impacto ambiental, eliminando a posibilidade de poder presentar alegacións a estes ataques contra ao territorio.

Este despropósito queren concretalo co RDL11/2022, que o goberno pretende convalidar o vindeiro xoves no Congreso (4), lexitimando este procedemento exprés sin participación cidadá que abrirá as comportas a estes macroproxectos, facendo valer a zonificación ambiental feita polo MITERD, que a golpe de decretazo pasa de ser unha simple recomendación no plan 2021-2026 de Rede Eléctrica Española, a convertirse en Lei sen estudo de impacto ambiental estratéxico algún, e así hai paradoxas como que partes do núcleo da reserva das Mariñas Coruñesas quedan calificadas como zonas de sensibilidade baixa onde se permitiría a implantación dos macropolígonos proxectados por Galenergy e Greenalia e outros como o Parque eólico de Legre promovidos por Green Capital Power que pretenden instalar na zona tampón desta mesma reserva.

A única explicación que atopamos estas decisións é o tradicional servilismo ao monopolio enerxético dos nosos gobernantes vendo o nicho económico-laboral que supoñen para o seu retiro da vida política. Un exemplo sangrante deste clientelismo que pon en perigo territorios de alto valor ecolóxico é o da exconselleira de Medio Ambiente da Xunta, Beatriz Mato, que exercendo este cargo participou na declaración da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas TerrasdoMandeo no ano2013 e que a día de hoxe forma parte da cúpula da empresa Greenalia promotora do “macroparque eólico do Monte do Gato”, ubicado plenamente nos territorios desta mesma reserva con 10 muiños previstos para ser asentados no mesmísimo núcleo, nas Brañas do Deo, humidal con enormes valores ecosistémicos entre os que destaca o abastecemento de auga a poboacións como Curtis, Coirós e Betanzos a maiores dos múltiples núcleos rurais da zona.

Se a esto sumamos como é ben sabido que Galicia xa produce máis electricidade da que consume (70% é de orixen renovable) está claro que por enriba estes macroproxectos están dirixidos á exportación de electricidade e prepararan o terreo para nun futuro próximo converternos tamén en colonia productora de hidróxeno verde para Europa. Todo esto a pesar de que o traslado desta electricidade a miles de kilómetros de Galicia implica de un 10 e un 40% de perdas no camiño (é decir ata catro de cada dez macroeólicos son para perdas sen importar o sacrificio que implica nos territorios) e que o rendemento do hidróxeno verde tamén supón un 80% de perdas en canto a eficiencia.

Feitos que poñenen evidencia o absurdo deste modelo centralizado de colonización enerxética, xa que un sistema de producción de renovables só ten sentido se falamos de producción descentralizada, pois recursos como o aire, sol e auga son universais.

Así en plena crise ecolóxica, patente na seca que estamos a sufrir, o converten a Galicia nun exemplo donde unha terra rica en recursos a queren convertir nunha “área de sacrificio” coa destrucción do territorio, dos recursos naturais, a contaminación das augas, a perda de terras agrarias e a expulsión da veciñanza do rural. Co único obxectivo do enriquecemento superlativo do monopolio enerxético. Unha destrución institucional planificada que levada ás áreas consideradas de especial protección como son as Reservas da Biosfera, convértese nunha aberración insultante. Chegando ao absurdo de “destruir o medio natural usando como disculpa a súa defensa”. Xustamente cando as políticas tiñan que ter o enfoque oposto de blindar a protección destes territorios e extender esta protección a máis áreas, para garantir unha supervivencia digna de toda a cidadanía e das seguintes xeracións sen poñer en risco a súa soberanía enerxética nin a súa soberanía alimentaria.

É absolutamente incongruente e moi preocupante que o Ministerio e a Consellería estean a avanzar na tramitación de máis polígonos industriais eólicos nestes territorios protexidos sen agardar polo resultado destainvestigación.

(1) La Unesco estudiará el impacto de los eólicos a las reservas españolas tras la presión vecinal – La Opinión de A Coruña (laopinioncoruna.es)

https://cadenaser.com/emisora/2021/11/10/radio_coruna/1636549224_0129 92.html

(2) https://aliente.org/moratoria-cientifica-reservas-de-la-biosfera

Carta remitida ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico onde os colectivos asinantes recalcan que está en marcha o “Estudo sobre a viabilidade das instalacións eólicas, fotovoltaicas e termosolares, incluída a repotenciación, e infraestructuras asociadas en territorios declarados Reservas de la Biosfera en España”, encargado polo Comité Español do Programa MaB da UNESCO, que forma parte do soporte que dá o Organismo autónomo de Parques Nacionales (OAPN) dependente do propio MITECO.

Anuncio publicitario

Publicado por fur alle falle

www.furallefalle.com

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: