Diseña un sitio como este con WordPress.com
Comenzar

GALICIA NON SE VENDE AOS LOBBIES ELÉCTRICOS – MANIFESTACIÓN 5 XUÑO en SANTIAGO DE COMPOSTELA

Así o fixemos saber hoxe a veciñanza que asolagou as rúas de Santiago, miles de galegos/ as enchemos de novo a Praza do Obradoiro, pedindo ao unísono “GALICIA NON SE VENDE, GALICIA SE DEFENDE”. 

Ante a pasividade dos nosos gobernates, somos a cidadanía a que saímos á rúa para defender os nosos territorios. Eses territorios aos que decidiron expoliar as multinacionais da enerxía, seguindo as indicacións de Europa, onde nos identifican como  “ PIGS” ( P- ORTUGAL, I- TALIA, G- RECIA, S- PAIN). E a quen os nosos gobernates lles puxeron a alfombra vermella falándolles da  “España baleirada” e concretamente en Galicia onde  a día de hoxe  a pesar de ser a rexión con máis densidade de aeroxeradores por metro cadrado da península, teñen proxectados outros 300 novos polígonos industriais eólicos.

Queremos deixar moi claro que hai cousas como a saúde e o patrimonio (persoal, cultural, ambiental…) que non teñen prezo,non respondemos a ningún partido político que ofreza diñeiro e postos de traballo a cambio das nosas vidas nin das da nosa descendencia. Así entendemos a sustentabilidade coa que tanto se lles enche a boca aos nosos políticos, que parecen non entender o seu significado á hora de aplicala.

A estas alturas sobra dicir que temos claro que o futuro son as enerxías renovables, Galicia produce o 70% da electricidade sen dependencia dos combustibles fósiles, e exporta para fóra un terzo da que xera. Pero agora toca falar claro da enerxía do futuro, estamos na transición enerxética que debe ser xusta e sustentable e para iso hai que falar de: Enerxía descentralizada, aforro enerxético, decrecemento,

a mellor enerxía é a que non se consume

A continuación deixámosvos unha galería e uns vídeos da xornada.

#EolicaAsíNON #NonTemosPrezo #aldeaslibresdemacroeólicos #MACROrenovablesNO

Na Sexta Tv

Na RTVG

na tve1

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: