Diseña un sitio como este con WordPress.com
Comenzar

Os galegos e galegas lideran un movemento contra o RDL 6/2022 

  • A norma pendente de convalidación no Congreso limita a participación cidadá e as esixencias dos estudos de impacto ambiental e sobre o patrimonio cultural
  • Con case medio centenar de colectivos galegos, a proposta xa ten seguimento en moitas Comunidades autónomas
  • Prevén solicitar a intervención do Defensor del Pueblo,  presentaren un recurso de insconstitucionalidade e mesmo recurrir a fiscalía 
  • O texto podería contradicir a normativa europea en materia de protección medioambiental

o RDL 6/2022 aumenta a desprotección fronte os novos proxectos eólicos

Os afectados e afectadas de Galicia encabezan un movemento a nivel estatal para impediren a aplicación de varias medidas contempladas no capítulo III do Real Decreto-Ley 6/2022 que afectarían aos procedementos de tramitación dos parques eólicos.

A norma, pendente de convalidación parlamentaria, reduce a tramitación ambiental nos proxectos de enerxías renovables de ata 75 MW a un informe de afección que non estuda en detalle os diferentes impactos. Así mesmo, o texto arrebata o dereito dos afectados e afectadas a alegaren impactos non contemplados ou subestimados así coma erros técnicos. 

Ao eliminaren a participación pública ábrese a porta á aprobación de proxectos con potencial impacto ambiental que pode carrexar a expropiación forzosa dos terreos sen as suficientes garantías procesais. 

Ademais o RD-L 6/2022 contempla un procedemento “express” que reduce os prazos á metade, tanto na tramitación como exposición pública e mesmo considera o silencio administrativo dalgún organismo como favorable. 

O movemento iniciado por asociacións veciñais de afectados e afectadas acadou xa en Galicia o apoio de case medio centenar de colectivos da nosa Comunidade e está a recibir consultas e peticións de adhesión dende outras zonas, contando con centos de subscribintes xa en moitas Comunidades autónomas. 

Nunha abordaxe inicial detectouse que o RD-L  6/2022 vulnera varios dereitos recollidos na Constitución española, así como 5 normativas europeas, polo que entre as medidas a adoptar está solicitar a intevención do Defensor del Pueblo, presentaren un recurso de inconstitucionalidade e mesmo apelar á fiscalía, sen descartar outras accións a nivel internacional. 

ADHESIÓNS por mail a airelimpomarinhasmandeo@gmail.com

No seguiente PDF (actualizado a 25 de Abril 2022) podes ver o texto completo e a LISTAXE de adhesións:

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: