Diseña un sitio como este con WordPress.com
Comenzar

PETICIÓNS DAS PLATAFORMAS CIDADÁNS AOS PARTIDOS POLÍTICOS PARA O PACTO DO SECTOR EÓLICO

O día 23 de febreiro escoitamos que “Goberno e oposición ofrecen un pacto sen concretar por o sector eólico en Galicia”. Xa que eles non dan concretado, o día 24 de febreiro fomos ata o parlamento a darlles algunhas ideas.

Antes de nada aclarar que cando se fai un pacto é imprescindible que estean todas as partes implicadas e aquí non se conta cos territorios afectados e cos que temos alí as nosas vidas. Polo que consideramos imprescindibles estes puntos:

1-PLANIFICACIÓN REAL:

1.1 É IMPRESCINDIBLE UNHA POLÍTICA COORDINADA ENTRE MINISTERIO E CONSELLERÍA: póñanse de acordo, claro que si, é evidente a falta de coordinación entre Xunta e MITECO. Só hai que mirar para o número de proxectos sobre a mesma zona (na maioría dos casos zonas poboadas onde temos as nosas vidas a xente do rural), con poligonais que se solapan, hai casas incluídas dentro de varias poligonais á vez, e imaxínense cal é a sensación dos que vivimos alí cando en vez de ver como os nosos gobernantes buscan o xeito de solucionarnos o problema e se organizan para quitarnos o polígono industrial de enriba, vemos como os responsables botan a culpa uns aos outros e moitas veces namentras aparece unha terceira polígonal sobre os nosos territorios.

1.2. QUEREMOS UNHAS LEIS QUE PROTEXAN ÁS PERSOAS E O MEDIO NO QUE VIVIMOS:

              i. FAGAN OS DEBERES SEÑORES DA CONSELLERÍA DE INDUSTRIA: O PLAN SECTORIAL EÓLICO DE GALICIA é obsoleto, quedouse anclado nos aeroxeradores de 70 metros, e os que nos veñen enriba miden de 200 a 250 m. Seguramente teña algo que ver con que este plan carece de avaliación ambiental estratéxica, o instrumento de integración da dimensión ambiental no plano sectorial eólico de Galicia, que quedou paralizada nun documento de inicio no ano 2008.

              ii. FAGAN OS DEBERES SEÑORES DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE:

Saquen do caixón a AMPLIACIÓN DA REDE NATURA 2000, polo que xa foron apremiados por Europa, pero vese que son maiores os premios que reciben por tela agochada.

              iii. FAGAN OS DEBERES SEÑORES DO MITECO, para empezar fagan que a ZONIFICACIÓN AMBIENTAL elaborada por vostedes mesmos recentemente para o Plan Nacional de Distribución 2021-2026 de REDE ELECTRICA ESPAÑOLA (REE) non sexa unha mera recomendación e transfórmena nuha norma de obrigado cumprimento.

              Acórdense que tamén son os responsables do reto demográfico, e eviten cousas como o que está a contecer agora mesmo en Galicia, onde temos o 85% dos aeroxeradores proxectados sobre concellos de menos de 5000 habitantes (*).

1.3 MORATORIA REAL, non esa farsa da que nos falan onde non entran os proxectos que xa se están proxectando, polo que cando nos venden a nova distancia ás vivendas que non vai ser de aplicación nos casi 9.000 MW que xa entraron a trámite (toda España cumpriría os obxectivos climáticos do 2030 con 16.000 MW xerados a partir de renovables).

E o mesmo en todas as demais melloras que nos venden na súa moratoria.

2-TRANSPARENCIA:

2.1 QUEREMOS INFORMACIÓN CLARA E ACCESIBLE PARA OS AFECTADOS

              Información que nos ten que chegar dende a nosa administración máis próxima, os concellos, que non poden ser unha fonte opaca onde se nos oculta información como está sucedendo a día de hoxe.

              Estamos a sufrir unha falta de proactividade das institucións á hora de notificar aos afectados. Ler o BOE non é unha forma de garantir participación cidadá nin de xustificar transparencia. A consellería non pode ter sin resolver solicitudes de personacións nos expedientes durante varios meses.

              Porque acontecen casos como os que se expuxeron hoxe na Comisión 6ª, sobre os parques eólicos proxectados no concello de Ferrol, casuística que se replica día tras día noutros parques, onde a Xunta de Galicia incumpre reiteradamente a súa obriga de facilitar aos grupos parlamentarios a información que obra no seu poder solicitada pola vía do artigo 9 do regulamento.

2.2 QUEREMOS A VERDADE E NON MEDIAS VERDADES

              A XUNTA “non para parques do MITECO”, simplemente emite informes negativos que non son vinculantes, polo que moitos dos parques sobre os que emiten eses informes negativos proseguen coa súa tramitación.

              Falan de unha legalidade que se cumpre gracias a manter vixentes leis que lles interesan. O caso máis sángrate é a LEI XERAL DE EXPROPIACIÓNS DE 1953 pola que declaran estes proxectos de utilidade pública, cando en realidade son para beneficio de empresas privadas, como son as multinacionais eléctricas que se lucran da venta da enerxía xerada e por enriba nun sector esencial que teñen totalmente monopolizado.

3- NON MERCADEEN CO RURAL GALEGO:

            O rural galego non se vende e menos se malvende ou regala, vostedes señores gobernantes non son os donos, simplemente son as persoas nas que depositamos a confianza para que os organicen. En Galicia aínda se redimiron fueros nestas últimas décadas polo que non temos ninguna intención de volver a poñer os nosos territorios en man de outros “señores”.

              Algo tan obvio como que para vender ou regalar algo é imprescindible ter o permiso do propietario. Neste caso do sector eólico, parece que se lles esquece. Nas mesas de negociación nunca hai representación dos territorios. E non só me refiro a propietarios que o teñan inscrito no rexistro da propiedade, o rural é de todos, nel están os servizos ecosistémicos que nos permiten ter un medio habitable e saudable onde vivir, tamén para os que viven nas vilas e nos pobos máis grandes.

              Non esquezan que as nacentes da auga que bebemos veñen dos lugares onde queren implantar estes macroproxectos, non é casualidade que dende o 2020 a auga cotice na bolsa de Nova York (*1). Moito ollo cos proxectos de hidróxeno que nos venden como a solución á rexeneración económica de Galicia, o vento é renovable pero os territorios non o son e as reservas de auga potable, contra as que estes proxectos atentan indiscriminadamente, tampouco o son. É ben sabido por todos que as reservas hídricas de auga doce, ano tras ano redúcense en todo o mundo pola contaminación. Pedímoslle encarecidamente que no momento das negociacións teñan moi presente que a auga é un recuso escaso, limitado e imprescindible para a vida. E aínda que temos a sorte de vivir no país dos mil ríos, non os destruamos, detrás de nós veñen outras xeracións que tamén os van precisar para sobrevivir.

              Por iso, como moi ben dixeron onte, saben que a riqueza real de Galicia son os nosos recursos, a enerxía e a auga, dos que temos a sorte de ter abundancia. Hoxe pedímoslles que sexan políticos no sentido máis amplo da palabra, encargados de facer bon uso dos fondos Next-Generation. Invírtanos para que xeren máis riqueza nos nosos territorios e non que nos empobrezan. Repartíronse por comunidades para que os proxectos que finacien repartan os beneficios neses territorios, pero se os adicamos a financiar proxectos de multinacionais con sedes económicas fóra desas comunidades autónomas, estamos coma sempre, os beneficios para os mesmos.

              E a maiores dos territorios que nos deixaron os nosos antepasados con capacidade para producir (o noso sector primario, agriculturagandería, silvicultura e pesca, representaron no 2021 o 4,6 % do PIB), temos outros legados como as nosas paisaxes e o Camiño de Santiago, que debemos protexer e conservar. Ese que vostedes saben promocionar tan ben, con anuncios da Xunta onde non aparece nin un só eólico nin unha LAAT, porque efectivamente sería contraproducente e perxudicial para a publicidade. Sabendo iso, por que queren industrializar o seu entorno? Que a Xunta non defenda o noso preciado Patrimonio con uñas e dentes é incomprensible e imperdoable. E máis aínda cando o sector do turismo vencellado estreitamente a estes atractivos naturais de Galicia, representa máis do 10% do PIB da comunidade.

(*1) Así, o pasado 7 de decembro de 2020, a auga ingresou ao mercado de futuros de Wall Street, baixo o índice Nasdaq Veles California Water Index e a denominación NQH2O

E queren trocar iso por unha falsa riqueza para Galicia, dun sector eólico que representa escasamente o 1% do noso PIB, que son as migallas do “gran pastel” que é o sector enerxético, que se reparten outros que viven moi lonxe de Galicia.

(*2) Imaxes sacadas do Informe #MACROEOLICOSGALICIA elaborado por as plataformas veciñais e que tedes a vosa disposición cos datos completos no seguinte enlace https://mapaseolicos.wordpress.com/informe/

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: