Diseña un sitio como este con WordPress.com
Comenzar

MANIFESTO DE FERROL

Galicia sen os seus cumios verdes, sería Galicia?

GALICIA É OS SEUS CUMIOS E A SÚA MAR, DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE!!

Somos un territorio privilexiado. Galicia é gandería, labranza, pesca, artesanía, industria, turismo … O noso desenvolvemento e a nosa vida sempre estiveron ligados ao aproveitamento (e desfrute) dos recursos da nosa terra, xeradora dunha riqueza sen igual tanto pola abundancia como pola variedade, permitíndonos prosperar máis aló de cubrir as nosas necesidades.

Os galegos e galegas non somos os únicos beneficiados; gracias ás melloras nos medios de transporte cada vez son máis as persoas que veñen gozar dos nosos tesouros e a nosa prosperidade repercute ao outro lado dos  Ancares.

Posuímos montañas e mar, eidos dos que depende gran parte da nosa economía e calidade de vida e que hoxe, están no punto de mira das compañías enerxéticas que frotan as mans pensando nos beneficios millonarios que obterán coa súa sobreexplotación instalando mastododónticos aeroxeradores de 200 metros de altura.

O mundo ten que cesar as formas de producción de enerxía contaminantes e é indiscutible que a xeración eólica e hidroeléctrica son o futuro nesa liña. Pero ese desenvolvemento ten que ser positivo e sostible tamén para Galicia e non, como se pretende, que nós sexamos a moneda coa que pagar ese obxectivo. De todos é sabido que  non ten sentido un modelo baseado en nerxías renovables  que centraliza a produción ( á vez que os custos e os impactos) en lugares a grande distancia daqueles onde se vai consumir.

Estas formas de xerar  enerxía ocupan moito territorio e non esquezamos que o aire é renovable pero os territorios non o son!! E neste caso estamos a falar dos nosos territorios donde vivimos nós e as nosas xentes son os que elexiron cpmo lugares a sacrificar.

Os galegos e galegas nos topamos ante unha ameaza real: que convirtan a nosa terra nun gran xerador enerxético para Europa a pesares do noso prexuízo e mesmo poñendo en grave risco o que somos.  Ninguén pode ficar alleo ante isto porque os centos de proxectos eólicos que queren levantar nos nosos cumios e na nosa mar afectarían dalgún xeito en todas partes, mesmo lonxe da sombra dun muíño, xa que xunto á paisaxe e o ecosistema, os danos e transformacións repercutirán en múltiples aspectos da nosa sociedade e economía.

O rural galego xa coñece  a implantación de parques eólicos e dende hai 15 ou 20 anos está a soportar a maior densidade de muíños por Km2 do Estado. Ante a saturación dos nosos montes, a actual solicitude masiva de proxectos de polígonos industriais eólicos comeza a ocupar vales e aldeas, de xeito que polo menos O 25% DO SOLO DE GALICIA quedaría baixo  esta “categoría” e as compañías enerxéticas amplían a súa invasión á mar.

É importante subliñar que este rebumbio de proxectos non responde a intereses medioambientais senón empresariais: por unha parte ao “greenwashing enerxético” (os que eran donos do carbón agora quérense facer co noso chan e o noso mar baixo o pretexto de xerar enerxía limpa a partir do vento) e por outra banda á intención das empresas promotoras de captar axudas dos fondos europeos Next Generation, nunha sorte de espolio dobre:  ímoslles financiar o xeito de roubarnos.

.  De certo, a poboación galega só consumimos dous terzos da electricidade que xeramos actualmente, sen instalar un muíño máis, polo que padeceríamos os custos medioambietais e socioeconómicos da producción para enviar esa enerxía fóra.

A experiencia permite falar categóricamente de  impacto negativo e expolio: 

As masas forestais e fragas autóctonas (e a súa capacidade de descarbonización parella) minguan polo enorme espazo libre que requiren os corredores de vento cara aos muíños. O territorio sufre unha transformación física evidente: ábrense novos camiños, téndense redes con liñas de alta tensión aéreas e subterráneas para o transporte da enerxía eléctrica, mudan cursos de auga (con afectación a fontes, mananciais e pozos), fanse voaduras, remóvense milleiros de toneladas de terra e residuos e, como mínimo, durante 25 ou 30 anos, hai que soportar o impacto visual de milleiros de muíños.

A explotación salvaxe implica cambios radicais nos usos tradicionais do territorio; os parques eólicos en terra afectan ás explotacións agrogandeiras e, no mar, á pesca e á navegación. Fronte isto cómpre ter presente que os parques instalados en Galicia hai case dúas décadas non deixaron beneficios nas zonas de asentamento e agravaron o problema do malchamado “rural baleiro”, onde están as raíces e viven (e queren vivir) miles de persoas. Un bo exemplo é Muras, a única localidade onde se conseguiron migallas dos beneficios económicos e reducíu a súa poboación a metade.

Esta destrución ou modificación substancial -e irreversible na mayoría dos casos– será realidade ao longo das nosas paraxes se os gobernantes non traballan nunha plafinicación sostible e manteñen a actual normativa obsoleta que deixa  o noso patrimonio ecolóxico, gandeiro, agrario, forestal, marítimo, patrimonial e de hábitat, ao alcance de empresas enerxéticas que non seguen máis doutrina que o seu enriquecemento, con prácticas que carecen dos máis mínimos parámetros esixibles en transparencia. Así, nos últimos anos, estes proxectos de enerxías renovables empezaron a adquirir unha dimensión “macro” e unha demanda do territorio na mesma proporción e, para sortear os controis públicos ou que a decisión de aprobación recaia na autoridade (autonómica ou estatal) máis favorable, optan por solicitar os proxectos de forma fraccionada ou non.

Na súa falla de moral, estas empresas actúan ás veces na dubidosa legalidade cos seus métodos para acadar a sinatura ou acordo dos donos das terras e a veciñanza, ou en complicidade con institucións e gobernos das distintas Administracións (incluída a local) á hora de obter facilidades para os seus fins e mesmo para pór atrancos ou confundir aos cidadáns á hora de informarse, organizarse e defender os dereitos da poboación.

A XERACIÓN DE ENERXÍAS LIMPAS É NECESARIA e compatible co desenvolvemento social económico e ambiental dun territorio. A alternativa á desfeita que asoma sobre Galicia é unha boa política enerxética cunha planificación que, entre outras, dimensione de forma axeitada as necesidades da poboación e do territorio, a rendibilidade e a proximidade, minimizando o impacto das liñas de alta tensión na medida do posible. Políticas que deben partir das medidas máis lóxicas que permitan reducir a agresión que supón a construcción de parques aeroxeradores como poden ser a repotenciación das instalacións obsoletas por outras máis eficientes e rendibles, o fomento do autoconsumo e o aforro enerxético.

Como bén de primeira necesidade, ACADAR UN SISTEMA ENERXÉTICO LIMPO E MEDIOAMBIENTAL E ECONÓMICAMENTE SOSTIBLE, É UNHA OBRIGA DOS GOBERNANTES coa cidadanía, debendo xirar o desenvolvemento do modelo arredor dos intereses da poboación e o territorio.  Así que deixando absolutamente claro que AS PLATAFORMAS E COLECTIVOS QUE ASINAMOS ESTE MANIFESTO ESTAMOS A FAVOR DAS ENERXÍAS RENOVABLES, QUE O NOSO ÚNICO OBXECTIVO É O DESEVOLVEMENTO DAS MESMAS EN GALICIA DE FORMA RESPECTUOSA CO QUE SOMOS E COA NOSA SOCIEDADE E QUE SOMOS CIDADÁNS QUE NON REPRESENTAMOS NIN ESTAMOS AO SERVIZO DE NINGÚN INTERESE IDEOLÓXICO OU POLÍTICO MÁIS QUE O SINALADO, queremos facer saber:

* PRIMEIRO.- A  nosa total oposición ao actual modelo enerxético do Estado e ao plan desenvolvemento proxectado polo Goberno autonómico sobre Galicia e sobre as nosas vidas.

* SEGUNDO.- Reivindicamos unha transición ecolóxica ordenada, xusta e ao servizo das persoas e do territorio, que procure a producción de enerxías limpas co dano medioambiental mínimo  e imprescindible, e compense a perda que se produza como consecuencia.

* TERCEIRO.- Esiximos aos Gobernos das Administracións estatal e autonómica a elaboración de novas lexislacións sobre enerxía, que se complementen, se coordinen e finiquiten a actual normativa por obsoleta, antisocial e prexudicial para o medioambiente, e que teñan como espírito o principio recollido no artigo 128 da Constitución: “Toda a riqueza do país nas súas distintas formas e sexa cal fora a súa titularidade, está subordinada ao interese xeral”. É dicir unha normativa xusta para a sociedade e non a favor do lobby eólico.

* CUARTO.- Esiximos aos presidentes do Goberno e da Xunta respectivamente e aos alcaldes e alcaldesas, transparencia e información clara en relación a todos estes proxectos, fronte a titulares enganosos como a moratoria presentada coa Lei de acompañamento dos orzamentos galegos o pasado mes de outubro, que non paraliza o aluvión de parques solicitados en 2021 e pospón a medida preventiva a 2022, cando a propia Xunta recoñeceu desbordamento administrativo polo exceso de proxectos.

*QUINTO.- Reclamamos aos Gobernos autonómico e estatal sendas moratorias reais dos seus plans enerxéticos que impliquen a paralización inmediata de todos os proxectos de parques eólicos en tramitación de forma preventiva deica se dispoña dun  novo marco que responda a unha avaliación medioambiental acorde ao ben común dos galegos e galegas.

*SEXTO.- Requirimos á Xunta de Galicia que cumpra co mandato da UE e que amplíe dun xeito urxente os entornos naturais protexidos en Galiza como Rede Natura 2000, únicos espazos nos que se prohibe por lei a instalación de novos proxectos eólicos e que a día de hoxe só cobren o 11,5% do noso territorio.

*SÉTIMO.- Consideramos imperativo que a normativa eólica sexa compatible, e en todo caso quede subordinada, respecto á normativa ambiental, de patrimonio e da paisaxe.

* OITAVO.-Para que a protección medioambiental sexa real, instamos á prohibición da fragmentación dos proxectos eólicos, vía que actualmente serve ás compañía para esquivar as avaliacións de impacto ambiental proporcionais aos impactos segundo a dimensión dos proxectos.

*NOVENO.- Esiximos a derrogación da “lei de depredación” que fai imposible que a consulta pública dos proxectos sexa participativa, real e efectiva.  Así como a actualización da lei de expropiación forzosa de 1954, para que non sexa de aplicación neste tipo de proxectos: sendo como é o caso que a maioría da enerxía producida adícano a venda e exportación da man de empresas privadas, aproveitando que por defecto son considerados de “utilidade pública” e prevalecen os seus dereitos por riba de calquera outro, implantándose sen diálogo social. Apoiamos que os propietarios/as das terras afectadas teñan capacidade de negociación coas promotoras dos parques eólicos estando informados do proxecto  en tempo e forma.

DÉCIMO: Demandamos aos responsables das Administracións do Estado, Comunidade Autónoma e Concellos, que velen polos dereitos das persoas, polo seu dereito a estar informadas,  fronte á maquinaria sen escrúpulos das empresas enerxéticas Así por exemplo a día de hoxe as familias que teñen na ría do Ferrol  o seu medio de vida, A MAIORÍA, incluso estando xa organizados  no “Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol”, con 20 anos de loita nas súas costas,  seguramente descoñezan os danos que sufrirán co tráfico de grandes cargueiros deste hidróxeno “verde” que chegará dende as Pontes polo gaseoducto de REGANOSA

*UNDÉCIMO.- Solicitamos ás distintas Administacións dilixencia e rigor na defensa do ben común que son os nosos cumios e a nosa mar, xa que isto estaba planificado hai máis de cinco anos como reflicten as datas de elaboración dos proxectos sectoriais presentados na  Consellería ou Ministerio de Industria, os EIA presentados na Consellería ou Ministerio de Medio Ambiente e nos estudos de consulta aos concellos afectados.

* DUODÉCIMO.- Solidarizámonos con todas as persoas, aldeas e pobos de todos os puntos do Estado que, coma nós, están a ser acosados pola cobiza das empresas de enerxía.

*DÉCIMO TERCEIRO.- Chamamos a toda a poboación galega a informarse, organizarse e a mobilizarse, coa fin de dar pulo a un movemento forte e duradeiro, tanto a nivel galego como estatal, a prol dunha produción e xestión enerxética centrada nas persoas, sustentable e xusta.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: